Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua e Variación no Espazo | Código | 613G02042 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | A15 A10 B8 | Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (comentarios de texto, discusión de casos etc.). | 20 |
Proba mixta | A15 A25 A26 B5 | Nesta proba, o alumnado deberá desenvolver temas e/ou preguntas relacionadas cos contidos vistos nas aulas, combinados con probas de tipo práctico. | 40 |
Lecturas | A10 B1 B3 B5 | Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesorado. Eventualmente poderán ser solicitados breves resumos ou fichas de lectura. | 15 |
Traballos tutelados | A15 B1 B2 B3 B5 C7 C8 | Neste tipo de probas, serán tidos en conta como valores da cualificación o correcto desenvolvemento do tema proposto, a clareza expositiva e argumentativa e a calidade lingüística. | 25 |
Observacións avaliación | |||
1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 valores sobre 10. Na proba mixta deberá obter como mínimo 4 valores sobre 10, para poder sumar os restantes elementos de avaliación. 2. O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Igualmente, todo o tipo de actividade ou proba deberá cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); se houber deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación. 3. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico. 4. Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas percentaxes que na oportunidade anterior. |