Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuales e a introdución de fases de debate cos estudantes. Todo iso coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Realizaranse sesións magistrales sobre gran parte dos contidos do temario, normalmente como punto de partida para o resto de actividades previstas para cada punto.
Prácticas de laboratorio Actividade que permite aos estudantes aprender e afianzar os coñecementos xa adquiridos mediante a realización de sesións prácticas en ordenadores.
Traballos tutelados Actividade que permite aos alumnos estudar en maior profundidade unha aplicación específica directamente relacionada con algún dos contidos da materia. Asignaráselle un traballo tutelado a cada alumno. Unha vez desenvolvido terá que entregar un informe sobre o mesmo.