Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 B3 Resolución de problemas da asignatura coa axuda de Octave 30
Seminario A1 B3 Resolución de traballos e/ou exercicios teórico-prácticos da materia e as súas aplicacións. 10
Proba mixta A1 B3 Examen teórico-práctico da materia 60
 
Observacións avaliación

  A avaliación da asignatura consta de dúas partes:
1.- A primeira parte consiste na realización dun exame teórico-práctico da materia (nas datas aprobadas pola Xunta de Facultade) que puntuará cun máximo de seis puntos.
2.- A segunda parte corresponde aos seminarios (TGR) e ás prácticas de laboratorio co uso do ordenador, aos que se lles asignarán un e tres puntos respectivamente. Acualificación á que se refire este apartado, obterase mediante a realización de exercicios, traballos, e/ou exames realizados ao longo do cadrimestre ou ao final do mesmo.

Na segunda oportunidade de xullo o proceso de avaliación incluirá:
a) unha proba mixta na que se engadirá un exercicio extra, con unha ou varias preguntas, correspondente á valoración dos seminarios (TGR),
b) un exame para avaliar os coñecementos adquiridos nas prácticas de laboratorio.

A realización dos exercicios correspondentes ás valoracións de TGR e prácticas de laboratorio serán opcionais para o alumno e, no caso de non realizalas, o estudante manterá as cualificacións acadadas durante o curso académico actual.

A avaliación dos TGR e das prácticas de laboratorio dos alumnos con matrícula a tempo parcial poderase realizar atendendo, na medida do posibe, as súas circunstancias particulares.

Polo que respecta á convocatoria extraordinaria de decembro o proceso de avaliación incluirá:
a) unha proba mixta na que se engadirá un exercicio extra, con unha ou varias preguntas, correspondente á valoración dos seminarios (TGR),
b) un exame para avaliar os coñecementos adquiridos nas prácticas de laboratorio.