Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A18 B1 B3 B4 Tanto na PRIMEIRA OPORTUNIDADE como na SEGUNDA OPORTUNIDADE haberá que superar unha proba escrita convencional que suporá o 75% do global da nota.

Para aprobar a materia globalmente hai que conseguir na proba mixta unha NOTA MÍNIMA de 3.5 (sobre 7.5). Non sendo así, a nota máxima GLOBAL da materia non será en ningún caso superior a un 4,5 (e polo tanto a materia se considerará SUSPENSA)

Porcentaxe: 75%
Puntuación máxima: 7.5 puntos
Nota mínima para compensable: 3.5 (sobre 7.5)

75
Prácticas de laboratorio A18 A19 B1 B3 B4 C3 Para a PRIMEIRA OPORTUNIDADE, ten tres compoñentes:

-Proba de linguaxe SQL sobre o propio ordenador na aula de prácticas (Porcentaxe: 15% - Puntuación máxima 1.5 pt).

-Deseño dunha BD (Porcentaxe: 10% - Puntuación máxima 1 pt).

Para a SEGUNDA OPORTUNIDADE, só se pode recuperar ou subir nota a Proba de linguaxe SQL, realizando unha serie de exercicios escritos engadidos á proba mixta (Porcentaxe: 15% - Puntuación máxima 1.5 pt).

Porcentaxe da nota global da materia: 25%
Puntuación máxima: 2.5 puntos

25
 
Observacións avaliación
  • Na PRIMEIRA OPORTUNIDADE terá cualificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non realice a proba escrita.
  • Se se supera a asignatura na PRIMEIRA OPORTUNIDADE, o/a estudante non poderá volver a presentarse na SEGUNDA OPORTUNIDADE a "subir nota".
  • Se se suspende a asignatura na PRIMEIRA OPORTUNIDADE, o/a estudante pode decidir volver a avaliarse da proba de linguaxe de SQL ou da proba mixta (ou de ambas) na SEGUNDA OPORTUNIDADE.
  • Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación dunha proba, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa proba.
  • No caso de realizar a recuperación dunha proba, a nota final na proba será a que obteña nesta segunda oportunidade (sexa maior ou menor que a da primeira oportunidade).
  • Na SEGUNDA OPORTUNIDADE terá cualificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non opte a recuperar ningunha das partes (proba escrita e/ou proba de linguaxe SQL)
  • DISPENSA ACADÉMICA Aqueles/as
    estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles
    exima da asistencia ás clases poderán realizar (e entregar) a
    totalidade (ou parte) das prácticas e traballos pola súa conta. No caso
    de actividades que requiran dun equipamento específico, ou planificadas
    nunha data e hora concretas, se lles facilitará, dentro do posible, unha
    alternativa viable se a solicitan.