Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A7 A10 A11 A24 A37 A38 A47 A48 A53 A55 B1 B3 C2 C3 C6 C8 As sesións maxistrais dos temas 1 a 4 (módulo I) avaliaranse mediante unha proba escrita na data fixada no calendario de exames. Terá un peso de 4 puntos sobre a nota final.

A avaliación do resto de temas da materia (módulo II) tamén se levará a cabo mediante proba escrita. Ademais da temática impartida nas sesións maxistrais, poderá incluir cuestións sobre as prácticas desenvolvidas. Esta proba sumará outros catro puntos na nota final.
80
Prácticas a través de TIC A7 A10 A11 A24 A37 A38 A47 A48 A53 A55 B1 B3 C2 C3 C6 C8 As prácticas TIC dos temas 1 a 4 (módulo I) serán avaliadas mediante unha proba escrita nunha data anterior ao exame común da primeira oportunidade e terán un peso dun punto na nota final. A data que incialmente proponse para a proba é o venres 30 de outubro de 2015 durante as horas de clase de teoría.

As prácticas do resto de temas (Modulo II) sumarán outro punto e serán avaliadas antes do exame común da materia, mediante a defensa do traballo realizado diante do profesor de prácticas.
20
 
Observacións avaliación

A nota de cada módulo é o resultado da suma das notas obtidas nos exames de teoría e práctica. Esta nota debe ser igual ou superior a 2,5 puntos para superar a materia.

A nota final da materia é o resultado da suma das notas obtidas en cada módulo. Esta nota debe ser superior ou igual a 5.0 puntos para poder superar a materia. Obsérvese que se a nota final é igual ou superior a 5.0 puntos pero a dalgún dos módulos é inferior a 2.5 puntos, non se poderá superar a materia. Neste caso a cualificación que se introducirá na acta é de 4.0 puntos.

Na primeira oportunidade, o alumno poderá examinarse dos dous módulos ou dun só. Se o alumno obtén unha cualificación igual ou superior a 2.5 puntos nalgún dos módulos non será necesario que volva examinarse na segunda oportunidade (xullo).

Na segunda oportunidade (xullo) o alumno poderá examinarse tanto de teoría como de práctica dos dous módulos. O alumno poderá examinarse de toda a materia ou só da parte non superada (aquela en a que obtivese menos de 2.5 puntos). 

Os estudantes con matrícula a tempo parcial poderán seguir a materia sen problemas, xa que a realización das prácticas avaliables non require presencialidade e a avaliación dos contidos teóricos pode realizarse cunha única asistencia para realizar a proba obxectiva na data indicada no calendario de exames.