Código Competencias do título
A2 Relativizar e valorar as intensidades observadas dos movementos migratorios, desde unha perspectiva comparativa e contextualizada histórica e culturalmente
A6 Dominar as principais fontes de documentación estatística e bibliográfica que lle permita manterse informado e iniciar e programar estudos exploratorios sobre temáticas relacionadas coas migracións internacionais
A9 Manexar os conceptos fundamentais no estudo das migracións internacionais
A11 Ter suficiente capacidade de abstracción para presentar o fenómeno migratorio dende unha perspectiva macro-sociolóxica e na súa relación máis ampla coa estrutura social e o mercado de traballo
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B9 Traballar de forma autónoma con iniciativa
B12 Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito social
C3 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.