Metodoloxías
Discusión dirixida
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada ao estudante non estará vinculada a só unha metodoloxía, senón que será constante. Neste sentido, tanto o contido das clases teóricas como o estudo persoal do alumno, como calquera das actividades que integran o curso contarán coa posibilidade dunha titorización por parte do docente, a fin de que o estudante poda formular as súas dúbidas e dificultades e que o docente poda axustar as súas metodoloxías ás especificidades da persoa concreta. A estes efectos, o estudante poderá contar con atención personalizada tanto nas horas lectivas como nos horarios de titorías.