Metodoloxías Descrición
Obradoiro Sesións prácticas nas que os estudantes traballarán cos equipos informáticos baixo a atención personalizada do docente. O obxectivo é aprender a construír e definir indicadores que midan a integración da poboación migrante.
Discusión dirixida Trátase de debates dirixidos pola docente sobre algúns dos temas que contén a materia.
Proba obxectiva Realización dun traballo práctico e teórico que deberá entregarse o día do exame oficial para ser avaliado pola profesora.
Sesión maxistral Exposición oral por parte do profesor dos aspectos fundamentais da materia. As exposicións complementaranse co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes.