Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais fan referencia ás explicacións realizadas na aula polos profesores responsables da materia: Antonio Izquierdo Escribano e Belén Fernández Suárez. Impartiranse os contidos sinalados no programa e resolveranse dúbidas e preguntas sobre esta materia. Considérase pertinente a leitura dos textos obrigatorios recomendados para unha mellor comprensión da materia. Ocasionalmente, pode convidarse a investigadores de fóra da UDC a impartir conferencias e seminarios relacionados coa materia en cuestión.

Os materias expostos durante as clases maxistrais serán colgados no Campus Virtual para un acceso rápido a estes contidos por parte do alumnado, e para garantir esta información no caso de non poder asistir ás aulas presenciais.
Proba de ensaio A proba de ensaio é un tipo de metodoloxía que permite ao alumnado realizar unha reflexión profunda sobre as diversas temáticas explicadas na aula. O alumno ou alumna deberá presentar un ensaio de 10 páxinas no cal a revisión de bibliografía é un requisito indispensable. Os ensaios poden ser realizados de forma individual ou grupal, dependendo do acordo entre os profesores implicados, ao igual que pode escollerse a temática de maneira libre ou ser escollida polo docentes responsables da mesma.