Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Levarase rexistro de asistencia ás sesións maxistrais. Esíxese un mínimo do 70% de asistencia para ser valorado durante o curso, separadamente das convocatorias oficiais. Durante estas clases presenciais traballaranse activamente os temas do programa, integrando a exposición docente cos debates dirixidos e outras actividades prácticas. A orde das sesións poderá sufrir algúns cambios en función da asistencia de conferenciantes invitados para tratar estudos de casos ou experiencias concretas. Os alumnos online terán actividades programadas en moodle sobre cada unha das clases maxistrais.
Traballos tutelados Cada alumno terá que preparar un traballo tutelado sobre mediación intercultural comunitaria seguindo as instrucións concretas que se darán a principios de curso.