Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B6 B8 B9 B12 B14 B1 C6 Elaboración tutelada das prácticas presentadas na materia. 90
Presentación oral B7 B13 B4 C1 C3 Exposición oral e debatida das prácticas presentadas na materia. 10
 
Observacións avaliación

AVALIACIÓN MODALIDADE
PRESENCIAL

Realizarase unha práctica colectiva que constará de dúas
partes. Na primeira parte (5 puntos), presentarase a realización dun exercicio
de observación participante; na segunda (5 puntos), responderase a cuestións de
carácter teórico sobre unha técnica cualitativa de investigación social.

A puntuación desta práctica colectiva (máximo de 10
puntos) equivale á nota final da materia. Cada grupo estará composto por un
mínimo de 2 persoas e un máximo de 3.

No caso de acudir á convocatoria de xullo, haberá que
entregar esta mesma práctica para superar a materia.

O/a alumno/a que queira optar a unha Matrícula de Honra,
terá que realizar unha recensión crítica sobre algún dos libros incluídos na
bibliografía básica. Dita recensión terá un valor máximo de 0,5 puntos sobre a
nota final.


AVALIACIÓN MODALIDADE
ON-LINE

Levarase a cabo unha práctica individual, formada por
varias preguntas abertas, nas cales plasmaranse aprendizaxes que demostren que
o/a alumno/a ten adquirido un coñecemento adecuado sobre cada unha das técnicas
cualitativas explicadas. Necesariamente, para resolver os exercicios
presentados, haberá que ler unha serie de textos obrigatorios e será obrigada a
consulta dalgúns dos libros da bibliografía básica.

A puntuación desta práctica (máximo de 10 puntos)
equivale á nota final da materia.

No caso de acudir á convocatoria de xullo, haberá que
entregar esta mesma práctica para superar a materia.

O/a alumno/a que queira optar a unha Matrícula de Honra,
terá que realizar unha recensión crítica sobre algún dos libros incluídos na
bibliografía básica. Dita recensión terá un valor máximo de 0,5 puntos sobre a
nota final.


OUTROS DATOS DE INTERESE

Datas da
materia:

-1ª
semana: do 7 ao 11 de decembro.

-2ª
semana: do 14 ao 18 de decembro.

-3ª
semana: do 13 ao 15 de xaneiro.

-4º
semana: do 18 ao 22 de xaneiro.

Data de
entrega das prácticas:

-Para o alumnado
de ambas modalidades, as prácticas enviaranse ao correo electrónico rotero@udc.es, do 7 ao 11 de marzo
(convocatoria de xuño).

-Para o
alumnado de ambas modalidades que non teñan superado a materia na convocatoria
de xuño, ou non se presentaran a dita convocatoria, as datas de entrega das
prácticas se fixarán, aproximadamente, na primeira semana de xullo (convocatoria
de xullo). Novamente, haberá que enviar os exercicios ao correo electrónico rotero@udc.es.

Presentación
das cualificacións:

-Para a
convocatoria de xuño, as cualificacións obtidas comunicaranse a semana do 6 ao
11 de abril.

-Para a
convocatoria de xullo, as cualificacións obtidas comunicaranse,
aproximadamente, a primeira ou segunda semana do mes de xullo.