Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

MATERIAIS

Na plataforma Moodle atoparanse os materiais necesarios:

.Para a parte del Profesor  José Leira,  unha presentación en Power Point, na que se sintetiza a súa parte da materia e catro lecturas propostas, sobre as que se elaborará una recensión (explicada na parte de Avaliación).

.Para a parte da Profesora María Elvira Lezcano, catro presentacións en Power Point nas que se ofrecen de xeito sintético e acompañados de imaxes, os contidos do resto da materia, que se centra na disciplina da Interpretación do patrimonio. Ademais inclúense  aclaracións, notas de voz, vídeos, materiais (documentos en pdf, manuais, artigos …) e lecturas útiles para consultar ou de interese para o futuro.

.Na modalidade on line, os alumnos terán que revisar as presentacións e realizar as preguntas que consideren oportunas. Sobre todo, con relación á parte de Interpretación, proporanse algúns foros que, xeralmente, servirán para aclarar dúbidas ou dar explicacións e nos que se prega participación (unha porcentaxe da nota decidirase a partir das intervencións, para o alumnado on line, tal como se expresa na Avaliación).