Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Introdución á socioloxía | Código | 615G01103 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Presentación oral | A24 B3 B5 B6 B13 B18 B20 B24 B26 B27 C1 C3 | Presentación oral de traballo práctico realizado en grupo | 5 |
Análise de fontes documentais | A8 A11 A14 A24 A34 B1 B3 B4 B5 B6 B11 B12 B13 B20 B21 B24 B25 B26 C3 | O traballo de busqueda e crítica de diferentes fontes bibliográficas para a análise dos temas da materia, deberá entregarse por escrito en tempo e forma, tal como acórdese coa profesora da materia, ao longo do curso. | 10 |
Discusión dirixida | A9 A11 A14 A24 B1 B3 B4 B5 B13 B18 B20 B25 B26 B27 C4 | Avaliación do nivel de implicación do alumno mediante a súa adecuada participación na resolución das cuestións que se lle expoñan | 5 |
Investigación (Proxecto de investigación) | A14 A15 A16 A17 A26 B1 B3 B5 B6 B20 B21 B23 C1 C3 C8 | Realización dun proxecto de investigación por equipos | 15 |
Traballos tutelados | A1 A8 A9 A11 A17 A23 A24 B3 B4 B5 B6 B9 B10 B13 B18 B20 B24 B25 B26 C1 C3 C4 C6 C8 | Realización dos exercicios e comentarios indicados (individual ou en equipo) e tutorizados pola profesora | 15 |
Proba mixta | A1 A8 A9 A11 A24 B3 B5 B6 B13 B24 B25 B26 C1 C4 C6 | Exame escrito sobre a materia | 50 |
Observacións avaliación | |||
A materia consta dunha parte teórica e outra práctica. a) A parte teórica desenvolvida polo profesor en clase e/ou indicada no material bibliográfico que se facilita avaliarase a través dun exame que será puntuado sobre 10. Para aprobar esta parte é necesario obter, polo menos, unha puntuación de 5. b) A parte práctica constará de diversas actividades (traballos en grupo e individuais, exposicións orais na aula e outros traballos de carácter práctico). Para aprobar esta parte é necesario realizar todos e cada un dos traballos cumprindo coas condicións e datas de entrega indicadas pola profesora e obter unha nota media igual ou superior a 5 puntos. c) A distribución da nota final da materia farase da seguinte maneira: 50% parte teórica 40 % parte práctica 10 % asistencia e participación en clase. d) Para a obtención da cualificación final, será necesario ter aprobadas tanto a teoría como a práctica. Unha vez superadas ambas, obterase a nota media. No entanto, para os alumnos que superasen a parte práctica e non a aparte teórica na primeira convocatoria, terán dereito á conservar a cualificación obtida nesa parte para a convocatoria de xullo.
Os alumnos que asistisen a clase menos do 80% deberán acudir a unha tutoría coa profesora e terán que presentarse a un exame específico debido ás súas circunstancias especiais. Neste caso, o sistema de avaliación consistirá nun exame sobre a materia (90%), sen que se engadan outros traballos ou actividades prácticas á avaliación final.
a) Os traballos e prácticas realizados e presentados durante o curso: Valorarase os exercicios prácticos tanto na súa presentación como no seu contido (a comprensión do tema, a organización expositiva e a aplicación da perspectiva sociolóxica ao redor dos fenómenos sociais e textos propostos para análises) b) Exame final da materia: Valorarase a comprensión e coñecemento dos contidos da materia traballados durante o curso. Tamén se terán moi en conta a correcta expresión e o acertado uso da ortografía. c) A asistencia e participación nas clases e nas actividades prácticas propostas durante o curso: Valorarase positivamente o interese que o alumno mostre na marcha da materia, nas súas dúas perspectivas (teórica e práctica); o interese apreciado repercutirá na cualificación final. |