Metodoloxías
Sesión maxistral
Lecturas
Discusión dirixida
Investigación (Proxecto de investigación)
Traballos tutelados
Descrición
As clases preséntanse eminentemente prácticas, para que o alumnado desenvolva co seu traballo o contido e coñecemento da mesma, sobre todo a traveso do traballo individual ou en equipo, coa participación nas clases sobre os temas a tratar, así como nos propios traballos a realizar (o titelado, as lecturas, os debates, etc.). Todo elo baixo a supervisión o coa colaboración do profesor, que procura ser un membro máis do equipo de traballo.
Polo que tanto os contidos de carácter teórico –explicitados no temario- como as actividades a realizar na parte práctica non poderán conseguir os seus propósitos sen a estreita colaboración entre o alumnado e o profesor.
Así pois, nesta asignatura dedícase as horas de prácticas precisamente a atención e titorización dos traballos e demáis asuntos do alumnado relacionados coa materia.