Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
- Para a realización de cada un dos traballos titorizados formularanse reunións de grupo para explicar con detalle o procedemento a seguir para a súa realización.
- Durante a realización do traballo de prácticas en escolas de actividades acuáticas deberase de realizar unha titoría (persoal ou a través da plataforma virtual), ademais da posibilidade da participación no foro.
- Durante unha titoría poderanse formular suxestións para a realización do traballo de prácticas de clase.
- Previa á realización do exame práctico formúlase unha titoría práctica de carácter obrigatorio.
- Os alumnos poderán solicitar que as titorías sexan de carácter práctico, se ben estas deberían ser polo menos en grupo reducido.