Metodoloxías
Actividades iniciais
Traballos tutelados
Descrición
O alumno deberá requirir atención individualizada na fase inicial do curso, cando se elixe o ámbito do seu Traballo Tutelado e quedan definidas as hipóteses sobre as que este será construído.
Noutra orde de cousas, o Traballo Tutelado é o ámbito por antonomasia onde o alumnado hase de apoiar de forma continuada no profesorado de forma personalizada.
A atención personalizada desenvolverase nas clases prácticas, sen alterar o traballo colectivo do grupo. En determinados supostos, como por exemplo períodos de alta intensidade de traballo previos a puntos críticos do workflow, poderanse realizar titorías individuais ou en pequeno grupo nas aulas destinadas a este fin na oficina do profesorado no Edificios de Departamentos.