Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados O alumnado escollerá unha das tres opcións:
a) Deseño dunha proposta de interavención no campo da orientación profesional que integre a perspectiva de xénero.
b) Selección , almacenaxe e difusión de recursos dixitais para a orientación profesional.
c) Análise e deseño de investigacións no campo da orientación profesional.
Análise de fontes documentais A análise de fontes documentais abrangue distintas temáticas:
- Cuestións teóricas sobre a orientación profesional e integración do enfoque de xénero.
- Programas de orientación profesional non sexistas.
- Investigacións no ámbito da orientación profesional
Sesión maxistral A súa utilización limítase a presentación dos distintos temas da materia
Aprendizaxe colaborativa Principio que orienta as actividades grupais.
Portafolios do alumno Documento no que o alumnado ha de dar conta das aprendizaxes adquiridas