Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clase impartida polo profesor sobre os contidos xa citados na guía docente. Esta metodoloxía utiliza exclusivamente a palabra como vía de transmisión da información a todo o grupo.
Aprendizaxe colaborativa Esta formada por un conxunto de metodoloxías como a discusión dirixida, obradoiro, análise de fontes documentais, esquemas, lecturas, mapas conceptuais, solución de problemas, etc. Todos estes procedementos guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e da comunicación. Concretamente, nesta metodologia configurásense grupos pequenos (non máis de 5 persoas). Cada alumno traballase para o grupo na resolución das tarefas que propón o profesor para así optimizar a súa propia aprendizaxe e o doutros membros do grupo.
Traballos tutelados A materia débese completar cun traballo practico que recolla todos os aspectos traballados nas clases. Para iso este traballo realizarase de xeito individual ou grupal. Se é grupal non pode ser máis de dúas persoas. A avaliación deste terase en conta a asistencia a titorías obrigatorias que marcará o profesor ao inicio da materia
Obradoiro Con esta tarefa preténdese combinar outras metodoloxías, como por exemplo, exposicións orais, solucións de problemas, prácticas guiadas, etc. Pero tendo presente que con ela o alumno desenvolve tarefas puramente prácticas sobre un tema específico con apoio e supervisión do profesorado.