Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade para levar a cabo na aula en dúas fases diferenciadas:
En primeiro lugar mediante unha discusión guiada polo docente, para coñecer os coñecementos previos, interese e motivación do alumnado cara á asignatura.
Posteriormente daranse a coñecer os obxectivos e forma de traballo na mesma.
Foro virtual Espazo de comunicación entre alumnado e docente, para aclarar dúbidas e propoñer temas a debate para o estudo de casos e compartir artigos sobre os temas de estudo.
Proba obxectiva Para o contraste entre o realizado na aula e os coñecementos adquiridos.
Consistirá no deseño de pequenas propostas de ensino-aprendizaxe.
Traballos tutelados Traballo individual que consistirá no deseño dunha Unidade Didáctica que cumpra os seguintes requisitos:
• A METODOLOXÍA EMPREGADA NON PODERÁ SEGUIR EN NINGÚN CASO O MODELO DE PROFESOR TRANSMISOR DE COÑECEMENTO, SENDO IMPRESCINDIBLE DARLLE AO ALUMNO O PAPEL PROTAGONISTA E CONVERTÍNDOO EN CONSTRUTOR DO SEU PROPIO COÑECEMENTO.
• ADEMAIS DO ÍNDICE PAXINADO INCLUIRÁ OS SEGUINTES APARTADOS:
1. Identificación, introdución, contextualización e xustificación da Unidade.
2. Vinculación co curriculum da materia.
3. Procedementos para realizar a avaliación inicial
4. Deseño de obxectivos do curso: etapa, área e específicos.
5. Contribución ao logro das competencias básicas.
6. Secuencia de contidos, estruturada nos eixes: concpetuais, procedimentais e actitudinais.
7. Metodoloxía didáctica especificando e xustificando o rol do docente e do alumnado.
8. Deseño de actividades de ensino-aprendizaxe temporalizadas, incluíndo as de reforzo e de ampliación, e as adaptacións curriculares.
9. Recursos materiais e espazos.
10. Criterios de avaliación en relación ás competencias básicas. Mínimos esixibles.
11. Procedementos e instrumentos e avaliación.
12. Criterios de cualificación
13. Medidas de atención á diversidade.
14. Contribución ao programa de educación en valores
15. Referencias bibliográficas e webgrafía
• CADA APARTADO CONTARÁ COA SÚA CORRESPONDENTE INTRODUCIÓN
• REALIZARASE MAIORITARIAMENTE AO LONGO DAS SESIÓNS, DURANTE AS QUE SE COMENTARÁN OS PROBLEMAS E PROGRESOS NA ELABORACIÓN DAS MESMAS. NON SENDO VALORADA NINGUNHA UNIDADE ENTREGADA QUE NON HAXA SIDO TITORIZADA POLA DOCENTE.
• A EXTENSIÓN DO TRABALLO SERÁ DE 30 PÁXINAS MÁXIMO E 15 PÁXINAS MÍNIMO EN DIN A4, IMPRESAS EN ARIAL 11 A DOBRE ESPAZO E MARXES A 2 CM, EN FORMATO WORD E PDF.
• ENTREGARASE A TRAVÉS DO CURSO MOODLE CORRESPONDENTE Á ASIGNATURA

RECOMÉNDASE BASEARSE NO CONTEXTO DO PRÁCTICUM E INTEGRAR O PROXECTO E ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO MÓDULO DE DIDÁCTICA DA TECNOLOXÍA, ASÍ COMO CALQUERA ACTIVIDADE REALIZADA EN MÓDULOS ANTERIORES
Lecturas Busca de información e lectura de material bibliográfico para a realización dos traballos tutelados.
Estudo de casos Programacións de aula xa elaboradas e postas en práctica en contextos reais. Servirá de información para a realización dos traballos tutelados.