Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A24 A23 A22 A21 A20 A19 A18 A17 A16 A15 A25 Traballo grupal de planificación curricular
Traballos Individuais
65
Glosario C3 Realización individual do glosario 5
Proba obxectiva C1 C5 Exame tipo test 30
 
Observacións avaliación


ASISTENCIA
  • A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria.
  • O alumnado con asistencia regular que non  acudira  a unha aula  na que se realizase algunha actividade debéraa   de facer individualmente  e entregala na seguinte sesión.
  • Se un/ha alumno/a non acada o 80% da asistencia, terá unha
    cualificación de non presentado na primeira oportunidade. A asistencia
    xustifícase en base a que unha boa parte das actividades de avaliación
    desenvolvense na aula. Na oportunidade de xullo realizará un exame
    teórico e práctico. Tamén se poderá acordar a realización dalgunhas
    actividades.
  • Aquelas persoas con matrícula a tempo parcial
    poderán acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para isto,
    cómpre solicitar unha titoría, antes ou inmediatamente despois do
    inicio da materia, co obxecto de establecer as actividades de avaliación
    e o proceso de supervisón e seguemento.

REQUIRIMENTOS  PARA APROBAR A MATERIA 

  • A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas tres actividades de avaliación.
  • Para superar a materia é indispensábel  obter  a metade da cualificación en cada unha das tres actividades. Cando  non se realice algunha das tres actividades a cualificación será   non presentado. Na segunda oportunidade deberán de facerse as actividades de avaliación non superadas. 

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

Ausencia de citación de fontes

  • As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse, o uso de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da Normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013,  que  establece “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
  • Os contidos incluídos nos traballos deben estar  referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas APA 6ª edición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran.

Plaxio

  • O plaxio en calqueira das  actividades da avaliación será motivo  de suspenso.

Falsificar  unha sinatura

  • Asinar na folla de asistencia por unha compañeira ou compañeiro  ausente será  penalizado coa perda de avaliación continua.

Copiar nos exames

  • O uso  indebido  de información durante os exames tamén  será motivo de suspenso.
NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, CUALIFICACIÓNS E RECLAMACIÓNS 

https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf