Obradoiro |
Nas sesións presenciais alternaranse as leccións maxistrais coas sesións interactivas, nas que a participación do estudantado será fundamental. Levaranse a cabo actividades de diverso tipo: discusións dirixidas, comentario de textos. Todas elas terán como punto de partida fundamental as lecturas indicadas previamente polas profesoras. |
Traballos tutelados |
O traballo final obrigatorio versará sobre un tema relacionado con algún aspecto da materia que ha ser consensuado coas profesoras. Formalmene axustarase ás pautas definidas no inicio do curso.
Valorarase fundamentalmente a capacidade de reflexión e a orixinalidade das achegas, a profundidade e o rigor no tratamento do tema escollido así como a clareza expositiva e expresiva. Este traballo deberá ser entregado na data determinada polas profesoras no inicio de curso (polo menos, una semana antes do exame). |
Sesión maxistral |
A modo de introdución ou visións de conxunto, desenvolveranse as directrices xerais dos contidos que conforman a materia. |