Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A6 A7 A9 A10 A13 A17 A21 C4 Recolleita dunha proposta educativa, análise, interpretación e adaptación ás caractarísticas dunha escola que camiña cara a inclusión. Daráselle especial importancia a valorar aspectos que fagan referencia á inclusión escolar, tanto dende o punto de vista dos obxectivos e contidos traballados, da metodoloxía, do proceso de avaliación e o uso de recursos do entorno próximo e distante do alumnado dende a perspectiva de promover o coñecemento, o respecto, a toma de decisións baseadas na substentabilidade. 40
Portafolios do alumno A6 A7 A8 A9 A10 A13 A21 A32 B6 B24 C4 Recollida da información, dos contidos e tarefas traballados na clase, para proceder á súa análise e interpretacación e contraste coas opinións dos autores e autoras:

Os criterios de avaliación do documento serán:
-Integración dos contidos abordados e das actividades realizadas na aula.
-Reflexión e opinión persoal
-Ampliación de coñecementos empregando as fontes documentais e investigación persoal.
-Aplicabilidade ao teu traballo como docente no ámbito da EI.
60
 
Observacións avaliación

O portafolios presentarase en formato dixital e o de investigación en impreso, empregando papel reciclado.

O alumnado asistente será aquel que asiste á aula  o 80%  ou máis da materia da materia. O alumnado non asistente para superar a materia terá que realizar:

1. O Proxecto de investigación sobre un elemento concreto das escolas que camiñan cara a inclusión (50%). Terá que realizar unha fundamentación teórica da temática polo que terá que facer uso de distintas fontes de información e posteriormente seleccionará unha experiencia (recollida nas aulas ou en publicacións),  co fin de analizar as súas características teórico-metodolóxicas nas que se sustenta, que respostas dá a atención á diversidade da aula, etc., incluíndo posibles propostas a incorporar. 

2. Unha proba de preguntas curtas (50%)

Para a superación da materia, cando menos a metade da calificación esixida en cada apartado.

Terá que poñerse en contacto coa profesora (en persoa ou a través do correo electrónico) para a organización da materia.