Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Segundo a participación do alumnado na materia, hai dúas opcións para facer a avaliación: Opción A. Avaliación Continua. Para o alumnado que segue o sistema ECTS, aquel que regularmente asiste/participa nas actividades de clase. Neste caso o sistema de avaliación será o descrito anteriormente . Por tanto será obrigatoria a asistencia ás clases (como mínimo o 85% das horas presenciais; en caso contrario deberase optar pola modalidade B). Opción B. Avaliación Final. Para aquel alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais, a nota final virá determinada por unha proba final escrita dos contidos teórico-prácticos da materia. A data para esta proba será fixada polo Centro. Farase especial fincapé no coidado do medio ambiente.