Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Practicum I Código 652G03027
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 12
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos Para matricularse no Prácticum I é necesario ter superados 90 créditos.
Departamento Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Psicoloxía
Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Coordinación
Mendez Garcia, Rosa Maria
Correo electrónico
rosa.mendez@udc.es
Profesorado
Arias Rodriguez, Maria Alicia
Cruz Lopez, Laura
Cuevas Gonzalez, Lino Manuel
Garcia Mira, Ricardo Antonio
Iglesias Salvado, Jose Luis
Mendez Garcia, Rosa Maria
Rodriguez Romero, Maria del Mar
Romay Martínez, José
Rumbo Arcas, Maria Begoña
Salvador González, Xabier de
Serantes Pazos, Araceli
Zapico Barbeito, Mª Helena
Correo electrónico
alicia.arias.rodriguez@udc.es
laura.cruz@udc.es
lino.cuevas@udc.es
ricardo.garcia.mira@udc.es
jose.luis.iglesias@udc.es
rosa.mendez@udc.es
mar.rromero@udc.es
jose.romay@udc.es
begona.rumbo@udc.es
javier.desalvador@udc.es
araceli.serantes.pazos@udc.es
helena.zapico@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/index.php?pagina=practicum
Descrición xeral Créditos e presencialidade Dos 12 créditos ECTS da materia (300 horas), o 45% son de carácter presencial (135 horas) e o 55% de traballo autónomo (165 horas) Das 135 horas de carácter presencial, 125 horas desenvolveranse nas institucións colaboradoras (25 horas semanais), e as 10 horas restantes adicaranse a sesións informativas e titorías na Facultade. Durante o desenvolvemento do Practicum I suspenderase a docencia no resto das materias correspondentes ao segundo cuadrimestre do terceiro curso da Titulación. Contextualización No curso 2009/10 iniciabamos o proceso de implantación dos plans de estudo acorde cos requirimentos do novo Espazo Europeo de Educación Superior, posto en marcha no 1999 coa Declaración de Bolonia e que destacaba a importancia de reforzar a investigación-innovación-educación para o que se propoñía como un fin básico mellorar a formación nos contextos das diferentes prácticas profesionais que a nosa lexislación recolle do seguinte xeito: “Os títulos de Grao teñen como finalidade a obtención por parte do alumnado dunha formación xeral, nunha ou varias disciplinas, orientada á preparación para o exercicio de actividades de carácter profesional” (art.9.1), de tal maneira que contempla a posibilidade de establecer prácticas externas que virían a “reforzar o compromiso coa empregabilidade dos futuros graduados e graduadas, enriquecendo a formación…..proporcionando un coñecemento máis profundo acerca das competencias que necesitará” (Preámbulo) (RD 1393/2007, de 29 de outubro, de Ordenación das enseñanzas universitarias oficiais). O propósito central da materia Practicum non será só poñer en relación a formación adquirida cos diferentes contextos profesionais propios da educación do século XXI, facilitando que o estudantado tome conciencia dos aspectos básicos das prácticas profesionais, senón tamén asignarlle un papel chave na formulación de problemas e cuestións importantes que se usen para poñer en funcionamento a investigación. Trátase de situar a práctica profesional no centro da formación, como elemento a ter en conta no exercicio profesional, onde a reflexión sobre a experiencia converta dita experiencia en fonte de aprendizaxe, incrementando a capacidade de aprender con autonomía, potenciando a aprendizaxe reflexiva para avanzar na construcción do propio coñecemento, tomar decisións, innovar, buscar recursos e traballar en rede, competencias básicas para as novas titulacións de grao que responden ás esixencias da educación do século XXI.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías