Metodoloxías Descrición
Lecturas Lectura crítica de seis obras relacionadas coa materia obxecto de estudo e entrega dun pequeno traballo escrito sobre cada unha delas.
Presentación oral Exposición na aula dun dos aspectos do temario previa lectura e preparación coa persoa docente.
Estudo de casos Solución a casos simulados relacionados coas exposicións das sesións maxistrais e integrados na pescuda de innovacións que procuren a saída aos conflitos.
Discusión dirixida Debate sobre temas de actualidade relacionados coa materia con exposicións razoadas e argumentadas.
Sesión maxistral Presentación dos conceptos fundamentais para comprender a materia e deseño de guías orientativas para unha aprendizaxe autónoma.
Actividades iniciais Coñecemento, a través dunha enquisa anónima, do nivel de coñecementos e do grao de espírito crítico do alumnado.