Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Produción, Transporte e Almacenamento de Produtos Enerxéticos | Código | 730211419 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
1º e 2º Ciclo | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.4 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Previamente ao comezo das exposicións teóricas poñerase a disposición dos alumnos a programación completa coa bibliografía básica para desenvolvela, tanto na plataforma Moodle coma en copistería. Os temas que se consideran fundamentales,sobre todo para abordar os restantes impartiranse nas clases teóricas; previamente poñerase a disposición dos alumnos na plataforma Moodle e en copistería, o resumo destes. |
Traballos tutelados | Proxecto Fin de Materia formúlase como un traballo en equipo para conseguir tres obxectivos fundamentais, que son os seguintes: * complementar os coñecementos teóricos desenvolvidos nas clases maxistrais. * fomentar o traballo en equipo, fundamental no futuro traballo que o alumno vai desenvolver no seu futuro quefacer profesional. * acostumar o alumno á exposición e defensa dunha tese desenvolvida por el. Para iso formúlase en catro fases de traballo que son: 1º establecemento dos grupos de traballo. 2ª formulación xeral do proxecto. 3º deseño e desenvolvemento do proxecto. 4º exposición e defensa do proxecto ante o resto dos alumnos e a profesora da materia. O desenvolvemento de todos eses pasos debe de ser tutelado e seguido pola profesora en reunións periódicas que permitan apreciar o avance do traballo e o tempo dedicado a este polo alumno para a súa valorización. |
Saídas de campo | Realizaranse visitas programadas a instalacións industriais nas que se leven a cabo actividades relacionadas cos temas desenvolvidos na docencia teórica. Como paso previo, expoñerase un resumo da actividade industrial que realiza a industria/s a visitar, facendo hincapie na relación cos aspectos que poidan aclarar certos puntos ou conceptos desenvolvidos nas sesións maxistrais. Así como o concernente ao traballo diaro dunha actividade industria: seguridade e hixiene, produción, relacións humanas, etc. |