Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Realizaranse tres sesións prácticas de laboratorio. A asistencia ás práctica de laboratorio é obrigatoria para aprobar a materia.
Proba obxectiva Os exames constarán de dúas partes, problemas e teoría en forma de preguntas curtas, cuestións ou temas, breves exercicios numéricos e preguntas relacionadas coas clases prácticas de laboratorio.
Traballos tutelados Realizaranse tres traballos tutelados por grupo sobre materiais metálicos, cerámicos e polímeros.
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
Sesión maxistral Tratarase de expoñer nestas os aspectos máis importantes de cada un dos capítulos do programa.