Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Os contidos teóricos da materia serán impartidos mediante clases expositivas, con apoio de medios audiovisuais, imaxes, vídeos,... e con enfoque participativo por parte do alumno.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado reforzará o seu coñecemento teóricos, co apoio e supervisión do profesorado.
Prácticas de laboratorio Nas prácticas de Laboratorio o alumno debe pór en práctica os contidos teóricos da materia con actividades individuais ou en grupo.
Traballos tutelados O alumno desenvolverá un traballo obrigatorio sobre un plan de tratamento ortopodolóxico.
Presentación oral Os traballos tutelados deben ser expostos e defendidos en clase a través dunha presentación oral.
Proba mixta A proba mixta constará de preguntas tipo test e preguntas curtas, relacionadas cos contidos expostos nas sesións maxistrais, talleres e prácticas de laboratorio.