Metodoloxías Descrición
Seminario Realizaranse actividades en grupos. Valorarase a interacción e a participación do alumno nos mesmos
Prácticas de laboratorio Realizaranse prácticas en grupos en relación cos temas abordados na sesión maxistral e os seminarios
Proba mixta Exame con preguntas (50-70) obxectivas. Cada pregunta terá 4-5 opcións, das cales soamente 1 será válida. Cada 3 preguntas falladas, restarase unha correcta. Para aprobar a materia é necesario que o alumno consiga polo menos o 50% de preguntas netas nesta proba, e que ademais a suma de todos os items da avaliación some polo menos 5 puntos de 10.
Traballos tutelados Os alumnos distribuídos en grupos deberán de realizar unha serie de traballos a definir cando comece o curso
Sesión maxistral Realizaranse exposicións de contenidos teórico-prácticos por parte do profesorado da materia, fomentándose a interación entre o docente e os alumnos.
Presentación oral Os alumnos divididos en grupos deberán de realizar unha exposición oral do traballo realizado.