Prácticas clínicas |
A22 A23 B3 B14 B18 B19 C1 |
Asistencia obrigatoria ao 100% das prácticas para todo o alumnado en calquera modalidade de matrícula. Na cualificación das prácticas clínicas terase en conta a aplicación dos coñecementos á práctica, especialmente os relacionados coa exploración e análise podolóxico do deportista, así como o diagnóstico, planificación de tratamentos e seguimento dos pacientes tratados. |
10 |
Proba mixta |
A19 A20 A22 A23 B12 |
Proba escrita na que se combinarán preguntas de resposta obxectiva tipo resposta múltiple, ordenación ou relación de contidos, con preguntas de resposta aberta orientadas estas últimas á resolución de cuestións relacionadas con aspectos clínicos (diagnóstico, tratamento, etc.) de afeccións podolóxicas asociadas á práctica deportiva. A puntuación das preguntas especificarase na normativa que se adxunta ao exame.
Para superar a materia, á marxe das cualificacións obtidas noutras metodoloxías, é necesario obter un 50% da puntuación total desta proba.
|
70 |
- As cualificacións das prácticas clínicas e os seminarios só computarán na cualificación final se se supera o 50% da cualificación da proba mixta. No caso de non presentarse ou non superar a proba mixta na primeira oportunidade, as cualificacións das prácticas clínicas e os seminarios computarán na segunda oportunidade se se supera o 50% da cualificación da proba mixta.
- En segunda e sucesivas matrículas non computarán as cualificacións dos cursos anteriores
- A cualificación de Non Presentado outorgarase no caso de que non se presente á proba mixta ou non realice o 100% das prácticas clínicas.
- A cualificación de matrícula de honra, dado o seu carácter graciable, concederase automaticamente ao alumnado que obteña un 10 na cualificación media da materia. De darse o caso de que haxa máis alumnos/as con esa cualificación que matrículas se poidan outorgar pola cota oficial establecido, convocarase a todos os alumnos/as para a realización dunha proba específica de desempate, proba que consistirá en novo exame de características similares ás da proba mixta, exame que se fixará en data e hora de acordo cos interesados/as. En caso de non existir ningún alumno/a con cualificación de 10, todo o alumnado que obteña unha cualificación media superior a 9.0, requisito básico para optar á matrícula de honra, poderán optar á matrícula de honra previa solicitude ao profesor e mediante a superación da proba anteriormente descrita. No caso de que non existan solicitudes expresas de opción a matrícula, o profesor se reserva a potestade de outorgalas naqueles casos que, cumprindo o requisito mínimo, puidesen ser merecedores de matrícula pola aptitude e a actitude mostradas durante o desenvolvemento da materia
- Alumnado en matrícula parcial: O alumnado en matrícula parcial debe de comunicalo obrigatoriamente ao profesor responsable da materia ao comezo do curso. Para este alumnado é obrigatorio ao 100% a realización da práctica clínicas. A cualificación dos seminarios pode obterse mediante a realización de traballos dirixidos que o alumno/a realizará de forma autónoma.
- Oportunidade adiantada de avaliación: O alumnado que se atope nos supostos recollidos na normativa de xestión académica da UDC disporá desta opción para superar a materia mediante unha proba escrita de características similares á a recollida no proceso de avaliación que terá un peso do 100% da cualificación final
|