Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Podoloxía Deportiva | Código | 750G02025 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | As sesións maxistrais consisten en clases expositivas-participativas dos contidos básicos da materia, con apoio de imaxes, vídeo, etc. As sesións maxistrais centraranse na exposición e debate dos contidos principais do temario. Facilitarase ao alumnado o temario cos contidos teóricos básicos da materia, así como material para traballar na aula ou fóra dela. Todo o material estará accesible para o alumnado na facultade virtual da UDC. |
Prácticas clínicas | Estas prácticas realizaranse na Clínica Universitaria de Podoloxía. Nelas desenvolveranse os protocolos de exploración e tratamento do paciente deportista (con pacientes reais) e incidirase na aplicación de técnicas de análises, diagnóstico e tratamento de uso máis frecuente no paciente deportista |
Seminario | Os seminarios consistirán no estudo de temas concretos relacionados cos contidos da materia, mediante diferentes actividades en grupo ou individuais, as cales incluirán debates, estudo de casos clínicos e mesas redondas |
Proba mixta | Proba mixta que consistirá nunha combinación de preguntas de resposta obxectiva (test) e preguntas de resposta aberta. Esta proba está orientada á demostración por parte do alumnado da adquisición dos coñecementos teóricos básicos expostos e debatidos nas sesións maxistrais e que compoñen os contidos do temario. A puntuación das preguntas desta proba especificarase na normativa que se adxunta ao exame |