Discusión dirixida |
Técnica de dinámica de grupos en que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por unha persoa que modera. |
Estudo de casos |
Situación específica que plantexa un problema que debe ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, través dun proceso de discusión. O estudantado debe sitúase diante dun problema concreto (o caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, relativos a un campo particular, para chegar a unha decisión razonada a través dun proceso de discusión (dirixida ou non) en grupos. |
Presentación oral |
Intervención propia dos procesos de ensino-aprendizaxe basada na exposición verbal, a través da que o estudantado e a persoa encargada da docencia interactúan dun modo ordenado, plantexando cuestións, realizando aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. |
Sesión maxistral |
A sesión maxistral (tamén coñecida como conferencia, método expositivo ou lección maxistral) supón unha exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introducción de preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |