Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A sesión maxistral consiste na explicación do temario da materia durante a aula. É preciso a asistencia ás clases para ter un seguimento continuo das tarefas encomendadas.
Lecturas Os temas abordados nas sesións expositivas serán complementados cuns textos de lectura obrigatoria para os e as estudiantes.
Investigación (Proxecto de investigación) O traballo final da materia consiste na realización dun anteproxecto de investigación, enfocado nunha temática en concreto e desenvolvendo todos os seus apartadados.
Proba obxectiva Consiste nun exame final no que se avaliarán os contidos teóricos da materia abordados nas sesións expositivas e complementados cas lecturas obrigatorias.