Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa

As clases organizaranse en pequenos grupos nos que os alumnos traballarán de forma conxunta e baixo a dirección da porofesora a fin de obter uns mellores resultados
Actividades iniciais Nas primeiras sesións presenciais os alumnos aprenderán o léxico xurídico administrativo cunha aproximación o que vai ser o desenvolvemento da materia
Discusión dirixida Faranse discusións sobre temas importantes propios do Dereito Administrativo e que teñan que ver con ñpreocupacións da sociedade actual. Se desenvolverán en forma de debate e serán dirixidas pola profesora
Estudo de casos Principalmente a través da análise xurisprudencial e o estudo de resolucións de carácter administrativo. O estudo da casuística vai proporcionar os alumnos uns coñecementos prácticos moi necesarios para o seu futuro profesional
Lecturas A través da bibliografía proporcionada os alumnos lerán textos de carácter xurídico admiistrativo que serán expostos nas sesións presenciais.
Prácticas a través de TIC En dúas clases os alumnos aprenderán o manexo de bases de datos xurídicass para aprender manexar as fontes e así poder mellor resolver a casuística plantexada.
Presentación oral Os traballos feitos polos alumnos en grupo serán presentados por estes de forma oral, sendo importante que a aprendizaxe dos temas tratados sea feita de forma colaborativa. Valorarase a capacidade de organización e xestión da información acadada.
Proba obxectiva O finalizar o cuadrimestre os alumnos deberán contestar por escrito a un tema a desenvolver relativo a unha das principais institucións tratadas nas sesións maxistrais, así como varias preguntas curtas.
Sesión maxistral A profesora explicará os temas que forman parte dos contidos da materia inistindo en aqueles conceptos de interese para o desenvolvemento do tema de maneira que os alumnos vexan resoltas as dúbidas que poidan ter.