Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
Descriptors
Cycle
Period
Year
Type
Credits
Graduate
2nd four-month period
Fourth
Obligatoria
6
Language
Spanish
Galician
Teaching method
Face-to-face
Prerequisites
Department
Análise Económica e Administración de Empresas Dereito Público Especial Economía Aplicada 1 Economía Financeira e Contabilidade Psicoloxía Socioloxía e Ciencia Política da Administración
O TFG supón a realización, por parte de cada estudante e de forma individual, dun proxecto, unha memoria ou un estudo concreto baixo a supervisión dun ou máis directores. Neste traballo deben integrarse e desenvolverse os contidos formativos recibidos, así como as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante o período de docencia do grao.
O TFG deberá estar orientado a se aplicaren as competencias xerais asociadas ao título. En concreto, a capacitar para a busca, xestión, organización e interpretación de datos relevantes –da súa área de estudo– co obxecto de emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e facilitar o desenvolvemento dun pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo.
O TFG pode ser defendido e avaliado unha vez se tiver constancia fidedigna de que o estudantado superou o resto dos créditos do título.
O TFG non ten a natureza dun traballo investigador. Con todo, a titularidade dos dereitos de propiedade intelectual, se for o caso, corresponderá a quen o realizar según queda recolllido no apartado h) do artigo 8 do RD 1791/2010 do 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do estudante universitario salvo que se establecer doutra maneira no documento de asignación do TFG que cada estudante debe asinar, nos termos e coas condicións previstas na lexislación vixente.
O tema de que for obxecto o TFG, tanto no seu nivel como na súa extensión e os seus obxectivos, deberá posibilitar que o/a estudante o realice en 150 horas equivalentes aos 6 créditos ETCS asignados a este traballo no plan de estudos, e coa duración que alí se establece.
O centro velará mediante os mecanismos de coordinación existentes no grao e a COA por que isto se cumpra e, en consecuencia, poidan alcanzarse as taxas de eficiencia, éxito e graduación a que fai referencia a memoria do grao.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.