Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Toxicología Xenética | Código | 610441017 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Proba de resposta breve | Ao finalizar o programa da materia realizarase unha proba que constará de preguntas de resposta curta. Coa publicación das cualificacións provisionais fixarase para uns días despois a revisión de exames por parte dos alumnos. |
Sesión maxistral | Introdución polo profesor dos contidos do programa con axuda de materiais multimedia. Resolución ás cuestións expostas polos estudantes. |
Prácticas a través de TIC | Práctica realizada na aula de informática sobre a busca de información toxicolóxica en internet. |
Traballos tutelados | Traballos tutelados en grupos sobre un tema proposto polos profesores. Realizaranse para iso titorías nas que os profesores orientarán aos alumnos sobre os puntos a tratar en cada traballo e proporcionaranlles material bibliográfico orientativo. Os ficheiros correspondentes ao cada traballo e a súa presentación entregaranse a través da plataforma virtual Moodle antes da data fixada. Os traballos estarán a disposición de todos os alumnos no Moodle. |
Seminario | Seminarios bibliográficos nos que os alumnos exporán ante a clase os traballos realizados, nun tempo máximo de 15 minutos. Posteriormente realizarase un debate sobre o tema exposto. |
Prácticas de laboratorio | Prácticas que se realizarán nos laboratorios do Hospital Oncolóxico nas que se aprenderán diversas metodoloxías para a avaliación do dano xenético. |