A materia pertence á especialidade Estrutura e Reactividade Química, relaciónase fundamentalmente coas asignaturas da citada especialidade, así como con aquelas pertencentes o módulo de Formación Obrigatoria Avanzada. Igualmente relaciónase co Seminario de Master, Prácticas Académicas e Traballo de Fin de Master.
Esta asignatura é esencial na especialidade Estrutura e Reactividade Química, aborda os aspectos esenciais para comprende-la reactividade química no seu aspecto máis amplo. Na comprensión da reactividade química é fundamental dispor dos coñecementos asociados á elucidación dos mecanismos de reacción. Os contidos docentes desta materia supoñen, por unha parte, unha profundización en diversos aspectos dos tratados no módulo de Formación Obrigatoria Avanzada e, por outra, o complemento necesario para as outras materias da especialidade: Modelización Molecular, Química Supramolecular e Espectroscopia de Fluorescencia e Fotoquímica.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías