Sesión maxistral |
Sesión de aula que terá lugar durante os primeiros días do curso. Nela abordarase en grupo grande o tema do bloque da Introdución sobre a Seguridade e o Traballo nun laboatorio Químico. |
Obradoiro |
Na maioría das prácticas de laboratorio o alumno debe traballar unha serie de conceptos que son básicos para entender o fundamento das mesmas, e que lle serán especificados no guión de laboratorio de cada práctica. Nesta actividade, que se levará a cabo en grupo reducido no propio laboratorio antes de comenzar coa realización da práctica, os alumnos levarán a cabo unha exposición e debate, dirixida e supervisada polo profesor, para avaliar o grao de comprensión do fundamento de dita práctica. |
Prácticas de laboratorio |
Sesións de laboratorio en grupo reducido nas que se realizarán prácticas de procesos básicos e experimentos relacionados coas técnicas fundamentais nun laboratorio químico, ao mesmo tempo que se aprenderá a elaborar un caderno de laboratorio. Cada práctica levará asociado un guión que deberá ser estudado con antelación polos alumnos. Este guión conterá cuestións que incidirán na comprensión dos fundamentos de cada práctica, nos posibles aspectos de perigo, toxicidade e medidas de seguridade, e no análise de resultados e conclusións. |
Proba mixta |
Ao finalizar o período de prácticas realizarase un exame escrito ónde se avaliarán os coñecementos adquiridos polos alumnos. |