Seminario |
A1 A4 A6 A9 A10 |
A participación e realización dos boletíns de problemas terase en conta na avaliación. |
5 |
Obradoiro |
A1 A4 A6 A9 A10 B2 B4 |
Avaliarase a calidade das solucións escritas aos problemas encomendados, que deberán entregarse de xeito previo, así como a asistencia e participación na actividade. Durante a presentación oral avaliarase o emprego da nomenclatura axeitada para os compostos e reaccións implicadas, e a claridade e concreción das explicacións e das respostas ás cuestións que se formulen. |
15 |
A realización das prácticas é requisito imprescindible para superar a materia. Para superar a materia será preciso obter, tanto na proba mixta coma nas Prácticas a través de TIC e obradoiros, unha nota non inferior a 4 sobre 10 e conseguir, sumadas as cualificacións de todas as actividades, unha nota mínima de 5 sobre 10. As cualificacións das prácticas, dos seminarios e dos obradoiros conservaranse na segunda oportunidade dun curso académico. Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en máis dun 25% das actividades programadas. Os alumnos avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar a
matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade na "primeira oportunidad. Polo que se refire aos sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto volvería comezar cun novo curso, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación que se programe para o devandito curso.
|