Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Ciencia de Materiais | Código | 610G01035 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Sesión maxistral | A1 A3 A6 A12 A16 A25 B3 C4 | Valorarase o grao de preparación previa e de seguimento do alumnado da materia que se está impartindo nestas sesións, así como a súa participación activa nas mesmas. Avaliarase conxuntamente: "sesión maxistral" + "solución de problemas" + "seminarios" + "eventos científicos e/ou divulgativos". |
0 |
Seminario | A1 A3 A6 A12 B2 B3 | Valorarase o traballo do alumnado, as súas respostas, o seu nivel de coñecemento,e a súa participación activa no debate cos seus compañeiros. Avaliarase conxuntamente: "sesión maxistral" + "solución de problemas" + "seminarios" + "eventos científicos e/ou divulgativos". |
0 |
Eventos científicos e/ou divulgativos | A1 A24 A25 B3 C4 | Valoraranse as conclusións co alumnado extraia das correspondentes actividades, e que ademais se plasmarán nun resumo que deberán presentar trala súa realización. Avaliarase conxuntamente: "sesión maxistral" + "solución de problemas" + "seminarios" + "eventos científicos e/ou divulgativos". |
0 |
Prácticas de laboratorio | A1 A16 A17 A20 A23 B2 B3 B4 | Avaliarase o traballo realizado no laboratorio desde os puntos de vista de: organización e seguridade, manexo no laboratorio, coñecemento de materiais técnicas, habilidade manual e especialmente a capacidade para comprender e racionalizar os procesos levados a cabo á luz do seu fundamento científico. Ademais avaliarase a preparación previa a cada práctica, e a elaboración do correspondente caderno de laboratorio. Tendo en conta ca cualificación estará baseada nun modelo de avaliación continua, se en algún caso o profesorado o considera oportuno poderá realizar un exame de prácticas. Avaliarase conxuntamente: "prácticas de laboratorio" + "traballos tutelados". |
20 |
Solución de problemas | A1 A3 A6 A12 A16 A24 B2 B3 | Valoraranse tanto as respostas dos alumnos como a súa participación nas correspondentes actividades presenciais. Ocasionalmente e a requirimento do profesorado, o alumnado deberá entregar os boletíns de problemas que tamén poderán ser avaliados. Avaliarase conxuntamente: "sesión maxistral" + "solución de problemas" + "seminarios" + "eventos científicos e/ou divulgativos". |
20 |
Traballos tutelados | A1 A3 A6 A12 A16 A24 A25 B3 B4 C4 C6 | Mediante as titorías asociadas os traballos tutelados o profesorado ademais de orientar ó alumnado avalía tódolos aspectos relativos á preparación teórica das prácticas (de feito o alumnado non poderá comezar o traballo de laboratorio hasta que realice de forma axeitada a preparación previa), á preparación do estudo de casos, etc. Avaliarase conxuntamente: "prácticas de laboratorio" + "traballos tutelados". |
0 |
Proba mixta | A1 A3 A6 A12 A24 A25 C4 C6 | Consistirá nunha proba de conxunto que se celebrará ó final do cuadrimestre. Poderá constar tanto de preguntas de desenvolvemento, como de preguntas curtas ou de tipo test e de problemas que serán semellantes ós realizados ó longo do curso. |
60 |
Observacións avaliación | |||
A cualificación será a suma das seguintes contribucións: -proba mixta: hasta un máximo de 6 puntos -actividades realizadas nas clases de solución de problemas, seminarios, titorías, eventos científicos, etc.: hasta un máximo de 2 puntos; - prácticas de laboratorio: hasta un máximo de 2 puntos. Para superar a materia será necesario conseguir ó menos 5 puntos entre tódalas contribucións anteriores, coa restrición de que na proba mixta será imprescindible obter un mínimo de 2.4 (sobre un máximo de 6) e nas prácticas de laboratorio un mínimo de 0.8 (sobre un máximo de 2). No cso de non acadar estes mínimos o alumnado estará suspenso. Dado ca cualificación basearase nun modelo de avaliación continua, valorarase especificamente a progresión do alumnado ó largo de todo o semestre cun máximo de 1 punto. Dacordo con esta metodoloxía de avaliación, considerarase que o alumnado presentou a avaliación si participou activamente en calquera das actividades que no seu conxunto supoñan máis do 25% da cualificación da materia. Dentro do mesmo contexto de “avaliación continua” e dacordo co contido do escrito “Probas de Avaliación e Actas de Cualificación de Grao e Mestrado”, a chamada “segunda oportunidade de xullo” entendese como unha segunda oportunidade de realización da proba mixta. No obstante, e se fora o caso, o profesorado poderá incluír unha segunda parte sobre aspectos relativos ás prácticas de laboratorio. Á cualificación así obtida sumaranse as conseguidas durante o curso no resto das actividades (clases de solución de problemas, seminarios, etc.). Os porcentaxes das distintas contribucións serán os mesmos que na “primeira oportunidade”. As matriculas de honra outorgaranse prioritariamente o alumando que teña superada a materia na primeira oportunidade. E so se outorgarán na chamada “segunda oportunidade” se o número máximo daquelas non se cubriu na súa totalidade na primeira. No caso de circunstancias moi excepcionais, obxectivables e axeitadamente xustificadas, o profesorado podería eximir total ou parcialmente ó alumnado en que concorra no proceso de avaliación continua. Dito alumnado tería que someterse a un exame particular que non deixase dúbidas sobre o seu nivel de coñecementos, competencias, habilidades e destrezas. Polo que respecta ós sucesivos cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluída á avaliación, refírese a un curso académico y polo tanto volta a comezar nun novo curso académico, incluíndo tódalas actividades e procedementos de avaliación que se programen para tido curso. |