Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesorado das bases teóricas da materia
Prácticas de laboratorio
As prácticas de laboratorio son de asistencia obrigatoria. Nelas abordaranse, desde o punto de vista experimental, aspectos tratados nas sesións maxistrais e nos seminarios. Tratarase que o alumno/a se inicie correctamente nos procesos e metodoloxías básicas da Microbioloxía.
Proba mixta Proba escrita na que se porá valor ao grao de coñecemento e comprensión alcanzados polo alumno/a
Proba obxectiva A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Seminario Realización de seminarios, que poderán ser de distintos tipos, relativos a aspectos da materia. Supoñen un reforzo dos contidos tratados nas clases maxistrais e nas prácticas e tratarán de estimular o traballo continuado do alumno ao longo do cuadrimestre. Serán valorados conxuntamente coa sesión maxistral na proba mixta, sen prexuízo de establecer valoracións específicas