Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Análise das Operacións Financeiras | Código | 611G01004 | |||||||||||
Titulación |

Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||

Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba de resposta breve | A8 B4 B5 B6 | 1. Tres probas ao longo do curso. 2. Cada unha delas supón o 15% da avaliación final, o que no seu conxunto supón o 45% desta. 3. Consisten nun exame de respostas curtas, de tipo test (verdadeiro/falso), de resposta múltiple, exercicios prácticos ou unha combinación delas. 4. Veáse o apartado de metodoloxías en relación á posibilidade de mellorar a nota do exame escrito ou oral, se é o caso, a través de intervencións na quenda de discusión que se abrirá ao final de cada proba. |
45 |
Proba mixta | A6 A8 | 1. Trátase dunha única proba para cada unha das oportunidades de avaliación da convocatoria. 2. Supón o 55% da avaliación final. 3. Consiste nun exame seguindo os criterios expostos en metodoloxías. 4. Nos exames tipo test (verdadeiro/falso) e nas de resposta múltiple as preguntas mal respondidas puntuarán negativo. |
55 |
Observacións avaliación | |||

Os criterios de avaliación son os mesmos para cada unha das oportunidades de avaliación.

Quere iso dicir que: 1) en ambas as dúas probas de avaliación teranse en conta as cualificacións obtidas nas probas de resposta breve, que supoñen, en conxunto, o 45% da cualificación final; 2) o exame correspondente á proba mixta, en ambas as dúas oportunidades de avaliación, cualifícase sobre 5,5 puntos (o 55% da avaliación final).

Na convocatoria adiantada, e só neste caso, realizarase unha proba mixta encamiñada a avaliar todas as competencias e contidos propios da materia.

Os criterios de puntuación de cada unha das probas daranse a coñecer no momento da proba e subministraranse xunto co enunciado desta.

As probas non realizadas puntúan como cero. As realizadas en fraude supoñen a cualificación de cero puntos na avaliación final.

A cualificación de "non presentado" corresponde ao alumno que non participase en ningunha proba de avaliación ou o fixese NUNHA SOA das probas de resposta breve.

Os únicos utensilios cos que está permitido o acceso ao recinto da proba son os básicos para contestar ao exame: lapis, bolígrafo ou pluma, goma de borrar e calculadora electrónica non programable.

Está expresamente prohibido o acceso ao recinto do exame con: a) teléfonos móbiles e calquera outros dispositivos capaces de comunicación a distancia e/ou de almacenamento de información; b) apuntamentos, anotacións, libros ou material similar que non fose expresamente autorizado na convocatoria do exame ou na páxina web (Moodle) da materia. A non observancia desta norma supón o que se considere como realizada a proba en fraude e iso con independencia de que quen teña no recinto da proba tales dispositivos ou material sinalado os utilizase ou non no curso desta.

O alumno ha de acreditar a súa personalidade de acordo á normativa vixente.