Lecturas |
A7 A11 A13 C2 C5 |
Representan unha información complementaria ás clases maxistrais. En clase traballaranse as técnicas para extraer a información fundamental das lecturas e discutirase o seu contido en clase. O contido das lecturas servirá como materia complementaria á impartida nas clases maxistrais. Así mesmo, o contido das lecturas servirá tamén para elaborar os estudos de caso. En consecuencia, a súa avaliación realizarase conxuntamente cos estudos de caso a través das dúas probas de ensaio/desenvolvemento
|
0 |
Proba obxectiva |
A4 A6 A9 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 |
Consistirá na realización dun exame escrito sobre os contidos do programa nas convocatorias oficiais establecidas. O exame representa o 70% da avaliación final do estudante. Pero para superar a materia o estudante haberá de obter un mínimo de 3 puntos no exame final e unha cualificación mínima de 5 puntos na avaliación global (exame + estudo de casos). No exame valorarase a capacidade de expresión, o manexo e dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética e o coñecemento dos contidos do programa da materia. |
70 |
Proba de ensaio |
A3 A6 A9 A12 C1 |
Inclúen as prácticas con material cuantitativo (estudos de caso e Lecturas). Ao inicio do curso, a profesora establecerá dúas datas para realizar dúas probas avaliables e computables na nota final. En conxunto, as dúas probas avaliables contarán 3 puntos na nota final de curso (1,5 cada proba). |
30 |
O alumnado comezará a ser avaliado dende o primeiro día de curso independentemente da súa data de matrícula. O cómputo da asistencia comezará dende o primeiro día do curso independentemente da súa data de matrícula.
Se o alumno se presenta a unha das probas avaliables de "Estudos de caso" e non se presenta á segunda proba avaliable de "Estudo de caso" nin ao exame final, a súa avaliación será Non Presentado". No caso contrario, se se presenta a dous estudos de caso (preséntese ou non ao exame final), a súa cualificación será a correspondente á nota obtida no conxunto de exercicios avaliables realizados no curso.
O exame ou proba obxectiva celebrarase na convocatoria oficial establecida pola Xunta de Facultade. Para superar a materia, o estudante haberá de obter en conxunto (exame + estudo de casos) unha cualificación de 5 puntos, co requisito obrigatorio de ter obtido un mínimo de 3 puntos no exame. No exame valorarase a capacidade de expresión, o manexo e dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética e o coñecemento dos contidos do programa da materia. OPORTUNIDADE ADIANTADA: O criterio de avaliación para a segunda oportunidade será o mesmo que opere para a oportunidade adiantada de avaliación
|