Metodoloxías Descrición
Proba de resposta breve O alumno responde brevemente e por escrito aos problemas xurídicos que lle suscita o docente.
Sesión maxistral Cada lección abrirase coa explicación por parte do profesor dos aspectos fundamentais do tema.
Estudo de casos No Dereito da empresa resulta fundamental o estudo da jurisprudencia. Analizaranse sentenzas dos tribunais e resolveranse problemas xurídicos (casos prácticos).
Lecturas Ofrecerase ao alumno algún libro ou artigo básico para que se familiarice coa linguaxe xurídica.


Discusión dirixida O profesor suscitará en clase un problema xurídico e procurarase chegar á solución do mesmo coas intervencións dos alumnos.
Presentación oral Os alumnos prepararán e expoñerán en clase un tema, a elección do profesor.
Proba de resposta múltiple Pedirase aos alumnos que lean unha lei e respondán a unhas cuestións en forma de test.


Traballos tutelados Encárgase ao alumno realizar un estudo detido sobre un tema determinado e guíaselle na elaboración do traballo.
Eventos científicos e/ou divulgativos Organízanse unhas xornadas ou conferencias ás que acoden os alumnos.
Recensión bilbiográfica O alumno resume e comenta unha lectura que lle proporciona o profesor.