Solución de problemas |
A realización de destas actividades constitúe un dos aspectos máis relevantes na organización do traballo. Estas actividades de solución de problemas realizaranse individualmente ou en grupos e de xeito fundamentalmente presencial. |
Seminario |
Os seminarios especializados desenvolveranse ao longo de todo o período de duración do módulo. A dinámica de ditos seminarios será participativa e desenvolveranse sobre algúns temas de actualidade e temas centrais do programa. A eles acudirán expertos nas materias tratadas. |
Saídas de campo |
Ao longo do máster levaranse a cabo diversas visitas a empresas e sedes de administracións ambientais. Esta visita permitirá o coñecer as instalacións de empresas e da administración ambiental, o cal permitirá calibrar aos estudantes a incidencia práctica da lexislación ambiental. Nela tamén os responsables das empresas ou da administración ambiental realizarán actividades prácticas que permitan amosar a labor de xestión ambiental desenvolvida neses centros. Isto permitirá comprender de modo máis claro os sistemas e procedementos analizados durante o curso. |