Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Prácticas externas | Código | 612843209 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 30 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Prácticas clínicas | A realización das Prácticas externas complementa a formación global do/a estudante ofrecendo unha aplicación práctica dos contidos aprendidos ao longo do MAXE, aproximándoo á realidade laboral en diferentes facetas.O/a estudante terá que realizar as tarefas que se lle encarguen na entidade colaboradora, destinadas a completar á sua formación teórica no Máster, e contará con un titor na propia entidade e outro na Facultade de Dereito. Ao finalizar a estadía práctica, o/a estudante deberá realizar unha memoria co visto e prace do titor da empresa. Deberá terse en conta o previsto no Regulamento de Prácticas externas da UDC, concretamente o seguinte: Artigo 34. MEMORIA E ENQUISA FINAL DAS PRÁCTICAS DO ALUMNADO Ao concluír as prácticas, e no prazo establecido polo centro, o/a alumno/a remitirá ao/a titor/a académico/a da Universidade da Coruña a seguinte documentación: 1) Unha memoria final de prácticas de conformidade co modelo establecido pola Universidade da Coruña en que figuren, como mínimo, os aspectos seguintes: a) Datos persoais do/a alumno/a. b) Entidade colaboradora onde realizou as prácticas e onde está situada. c) Descrición concreta e detallada das ta refas desenvolvidas con indicación do ou dos departamentos/s da entidade onde se realizaron. d) Valoración das tarefas desenvolvidas cos coñecementos e competencias adquiridos respecto dos estudos universitarios. e) Relación dos problemas presentados e procedementos seguidos para a súa resolución. f) Contribución que supoñen as prácticas en materia de aprendizaxe. g) Avaliación das prácticas e suxestións de mellora. h) Outros aspectos que o centro considere relevantes para a formación do/a alumno/a. No caso das prácticas internacionais, e de conformidade co convenio ou programa aplicable, o informe final debe ser achegado polo estudante. |