Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Estudios do libro e edición | Código | 613484006 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Nas sesións expositivas o ritmo da clase recaerá fundamentalmente no profesor, que tratará de introducir de maneira sintética as cuestións que o estudante debe ter en conta na práctica e ofrecer panorámicas xerais sobre outros aspectos de interese. Procurarase que o alumnado se implique nestas sesións de forma participativa. |
Traballos tutelados | Traballo tutelado polo profesor da materia para promover a aprendizaxe autónoma. Desenvolverase de acordo coas pautas establecidas e axustarase as características formais marcadas. |
Lecturas | Ademáis das lecturas que deben facer para a realización do traballo tutelado, a profesora indicará outras para a asimilar ou completar os contidos da materia. O alumno ha realizar con aproveitamento as lecturas e ha demostralo nas actividades que se leven a cabo nos obradoiros e no traballo tutelado. |
Obradoiro | Combinación de diversas metodoloxías e probas (practicas guiadas, solución de problemas, estudo de casos, debates, discusións dirixidas, etc.) a través das que o alumnado desenvolve tarefas aplicando os coñecementos adquiridos sobre distintos aspectos do programa, sempre co apoio e supervisión do profesorado. |
Actividades iniciais | Proba inicial sobre os coñecementos previos relacionados coa materia, así como intereses, morivación... Preténdese obter información para artellar unha docencia que favoreza a aprendizaxe significativa. |
Eventos científicos e/ou divulgativos | Tratarase de aproveitar as conferencias que se levan a cabo durante o curso cando gardan relación coa materia, así como as posibilidades que existen na cidade e nas cercanías para afondar no estudo do libro e a edición. |
Proba mixta | Ao final do curso, o alumno realizará una proba dedicada a verificar a adquisición das competencias específicas da materia. |