Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas sesións expositivas o ritmo da clase recaerá fundamentalmente no profesor, que tratará de introducir de maneira sintética as cuestións que o estudante debe ter en conta na práctica e ofrecer panorámicas xerais sobre outros aspectos de interese. Procurarase que o alumnado se implique nestas sesións de forma participativa.
Traballos tutelados Traballo tutelado polo profesor da materia para promover a aprendizaxe autónoma. Desenvolverase de acordo coas pautas establecidas e axustarase as características formais marcadas.
Lecturas Ademáis das lecturas que deben facer para a realización do traballo tutelado, a profesora indicará outras para a asimilar ou completar os contidos da materia. O alumno ha realizar con aproveitamento as lecturas e ha demostralo nas actividades que se leven a cabo nos obradoiros e no traballo tutelado.
Obradoiro Combinación de diversas metodoloxías e probas (practicas guiadas, solución de problemas, estudo de casos, debates, discusións dirixidas, etc.) a través das que o alumnado desenvolve tarefas aplicando os coñecementos adquiridos sobre distintos aspectos do programa, sempre co apoio e supervisión do profesorado.
Actividades iniciais Proba inicial sobre os coñecementos previos relacionados coa materia, así como intereses, morivación... Preténdese obter información para artellar unha docencia que favoreza a aprendizaxe significativa.
Eventos científicos e/ou divulgativos Tratarase de aproveitar as conferencias que se levan a cabo durante o curso cando gardan relación coa materia, así como as posibilidades que existen na cidade e nas cercanías para afondar no estudo do libro e a edición.

Proba mixta Ao final do curso, o alumno realizará una proba dedicada a verificar a adquisición das competencias específicas da materia.