Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A6 A7 A11 A13 B7 B9 Con carácter xeral, aplicable ao resto das metodoloxías, a asistencia e a participación activa nas sesións será avaliable de maneira continuada. 10
Prácticas a través de TIC A7 A11 A13 B1 B6 B7 B8 B9 C3 C6 Traballo colaborativo sobre recursos informáticos por medio da computadora persoal. 40
Proba oral A3 A10 B6 B8 Proba oral final, de carácter individual, avaliable, para demostrar os coñecementos e destrezas adquiridos no transcurso das aulas. Terá carácter público e será obxecto de debate na aula. 50
 
Observacións avaliación

Por esixencias do deseño desta aplicación, as
anteriores porcentaxes son orientativas. A cualificación final responderá ao
seguinte reparto porcentual:

1. O 50% da cualificación final obterase pola proba oral que cada estudante realizará ao finalizar o curso, dentro da aula. En
todo caso, para aprobar unha materia deberase
obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10 nesta proba que, como se ve,
en ningún caso suporá o 100% da nota final. (Por exemplo, un 3 na proba oral non se compensaría cunha suma de 7 polo resto de actividades e por asistencia e
participación.) A proba terá carácter público, como parte das actividades realizadas no curso, e o seu contido será tutelado polo profesor.

2. O 40% obterase pola realización de
actividades durante o curso. Aproximadamente, un 20% corresponderá á avaliación das destrezas prácticas na aula e outro 20% para os resultados do traballo puramente documental.

3. O 10% restante corresponde á asistencia,
participación e desempeño de cada estudante no decorrer do curso. Observaranse
o seu aproveitamento e evolución, a súa dinámica na aula e todo aquilo que
implica aprendizaxe colaborativa e traballo en grupo.

4. A cualificación final en cada unha das dúas
convocatorias será froito dunha avaliación semellante, mediante
unha proba oral que reflicta as actividades desenvolvidas no curso, xunto
ao control de asistencia e de participación.

5. É ineludible a realización da proba oral para
obter cualificación, tamén no caso de xullo. En canto ás actividades, a súa
avaliación positiva será gardada para a cualificación da convocatoria de segunda oportunidade,
en xullo. Como se deriva do anterior, é imprescindible a asistencia física ao curso para poder computar as actividades prácticas.

6. Non obstante o anterior, o alumnado a tempo parcial ou con dispensa
académica recoñecida deberá comunicar por escrito ao profesor a súa
situación, coa certificación correspondente, en canto comece o curso ou sexa
efectiva a matrícula. En cada caso estudaranse, dentro da normativa académica vixente, as actividades alternativas que se determinen.

7. O alumnado será avaliado e cualificado
sempre que acuda á proba oral. Por tanto, recibirán cualificación de Non Presentado
(N. P.) aquelas persoas non presentadas a esta proba.