Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Os alumnos participarán –presencialmente ou através do espazo de traballo colaborativo en liña– en discusións dirixidas polo profesor, sobre temas atinentes aos contidos da materia. Previamente, deberán preparar as discusións coa lectura de artigos especializados.
Presentación oral Destinaranse as sesións presenciais pertinentes á presentación oral dos traballos individuais tutelados, destinando uns minutos ás preguntas e retroalimentación dos mesmos por parte dos compañeiros.
Lecturas Será preciso realizar nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas, así como as necesarias para a elaboración do traballo.
Actividades iniciais Realizarase unha breve presentación individual relativa aos intereses persoais sobre a materia, os coñecementos básicos e as espectativas sobre o módulo.
Traballos tutelados O alumnado realizará individualmente un traballo de investigación -orixinal, rigoroso e de extensión limitada-, ora de adaptación dramatúrxica, ora de análise da adaptación ao audiovisual dun texto literario, ora doutro tema relacionado cos contidos e combinado co docente. Nas primeiras sesións serán determinadas tanto a data de comunicación do tema como a de incorporación ao espazo virtual colaborativo da versión definitiva. Tamén se ponderarán co profesor e os compañeiros as estratexias de elaboración.
Sesión maxistral Nelas o profesor presentará conceptos e estratexias que posteriormente se desenvolverán nas sesións prácticas e cuxo coñecemento será exixido para a superación do curso.